O concello vigués, non podrá segundo o primeiro tenente de alcalde, Gil Sotres, parar a suba no recibo da auga, xa que o venres pasado, aínda non se tiñan recibido os cartos da Xunta de Galicia para facerse carrego dos gastos da Depuradora. Gil Sotres dixo descoñecer as causas deste retraso xa que el non controlaba o proceso polo que a Xunta tiña que enviar os cartos, pero asegurou que o recibo de marzo podería xa reflexar esta suba da auga que será dun 13%.
Gil Sotres, asegurou que o concello vigués traballaba contra reloxio para evitar a suba no recibo da auga que podería verse xa no próximo recibo do mes de marzo. Gil Sotres, dixo que o concello non tiña aínda recibidos os cartos que a Xunta de Galicia destiñaría para facerse carrego da Depuradora. A pesares destas declaracións, o Director Xeral de Obras Públicas, Agustín Hernández, insiste en que o problema non é da Xunta sinon do alcalde vigués. Segundo Hernández, a Xunta aprobou xa a subvención para a Depuradora o pasado día 5 de febreiro e, tamén redactou o convenio para facer efectiva esta transferencia de cartos, cun primeiro pago de 90 millóns no mes de marzo e de 60 millóns, nun segundo prazo no mes de abril. Manuel Pérez, non ten asinado o convenio que segundo o Director Xeral de Obras Públicas, se atopa no concello vigués, desde o pasado día 9 de febreiro. A sinatura deste convenio por parte do alcalde, aportaría dun xeito automático o traspaso ó concello dos 90 primeiros millóns de pesetas cos que a Xunta, ten previsto subvencionar o coste da depuradora do río Lagares. Desta maneira, evitariase a suba do recibo da auga nun 13%. Agustín Hernández, dixo non entender a actitude do alcalde vigués xa que "a Xunta cumpriu o compromiso adquirido, pero non pode entrega-los cartos, porque o concello leva case un mes demorando a asinatura para que lle sexan entregados". Si Manuel Pérez, asinase hoxe o convenio nun día ou dous, dixo, o concello teria os cartos.