O 20 de xullo de 2001 morría tiroteado a mans da policía italiana Carlo Giuliani durante as protestas contra o G-8 en Xénova. É o mártir particular dos movementos antiglobalización e, na súa honra, organizáronse tres días de contestación (19, 20 e 21 de xullo). É unha iniciativa do Genoa Social Forum, que coordina máis de seiscentos colectivos italianos. A intención: afortalar a memoria e seguir construíndo en común modalidades de contrapoder e de desobediencia ao capitalismo.
.