Os xefes da diplomacia de Timor Leste e Indonesia, José Ramos Horata e Hassan Wirajuda, respectivamente, asinaron en Iacarta un comunicado conxunto que establece as relacións diplomáticas entre os dous países. Os dous ministros asinaron ademais un memorando de entendemento que forma unha comisión conxunta para cooperación bilateral. Poden ampliar no Canal Lusofonía de Vieiros, que tamén nos informa da xuntanza promovida polo PCP sobre o ensino do portugués no mundo e das accións de promoción do Parque Empresarial de Valença.
.