Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Rancing cae nas Palmas

O Racing perdeu o domingo 28 de febrero nas Palmas ante o Mensajero por dous tantos a cero. O Racing non foi quen de marcar, nun partido no que ambolos dous equipos fixeron gala dun mal xogo. O resultado máis xusto sería un empate a ceros.

- 21:13 28/02/1999
Tags:

O Mensajero saiu ó terreo de xogo a intimidar os ferroláns cun xogo agresivo, que os de José Ramón Arteche non foron quen de neutralizar. O Racing a pesar do resultado non acusou as cinco baixas coas que se presentaba neste encontro. O adestrador ferrolán afirma que a actuación do trio arbitral foi determinante na derrota do Racing. Un penalti sobre Aitor Santos non pitado no primeiro minuto puido darlle a volta a este encontro. Un gol nos primeiros minutos do partido sería determinante, segundo José Ramón Arteche para dominar o partido e voltar a Ferrol cos tres puntos.

Esta é a terceira derrota da "era Arteche".O técnico ferrolan confía en que o equipo saiba repoñerse de cara ás próximas xornadas. Agora, afirmou Arteche, hai que centrarse nos dous seguintes partidos que serán non Campo da Malata. O Racing necesita victorias que fagan ós ferroláns soñar coa entrada nos postos que garanticen xogar a promoción.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: