Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A música das cantigas medievais. Bibliografía

Por Manuel Pedro Ferreira
A bibliografía sobre música e literatura medieval non é sempre doada de coñecer dada a especificidade do tema e a súa posición entre dúas disciplinas. Manuel Pedro Ferreira, profesor na Universidade Nova de Lisboa, ofrece aquí un listado da súa bibliografía máis recente sobre o tema, édita e inédita.

- 05:17 27/06/2002
Tags:

Aínda que o meu traballo musicolóxico se concentrou ultimamente nas fontes litúrxicas portuguesas da Idade Media e do Renacemento, especialmente da diócese de Braga, e nun cancioneiro profano do século XV conservado na cidade do Porto (Porto 714. Um manuscrito precioso, Porto: Campo das Letras, 2001), e non nas cantigas galego-portuguesas medievais, aproveito esta oportunidade para divulgar algúns traballos da miña autoría sobre esa materia publicados nos últimos anos. Pendentes de publicación permanecen aínda un libro sobre a música das sete cantigas d'amor do rei D. Dinis escrito en 1993-1994, que agarda un financiamento adecuado para a súa edición, e mais un par de artigos referidos na bibliografía a seguir.

Na lista non se incluíron as entradas relativas ás cantigas galego-portuguesas publicadas en 1999 no Diccionario de la Música Española e Hispanoamericana, coordenado por Emilio Casares, Ismael Fernández de la Cuesta e José López-Calo ("Airas de Santiago, Joan", "Anes Marinho, Pero", "Cantiga", "Cantiga de amigo", "Cantiga de amor", "Cantiga de escárnio e maldizer", "Codax, Martin").

Os traballos listados son de catro tipos, identificados con diferentes siglas: (RES) resumos (sobre o Pergamiño Vindel); (ACT) actualizacións (sobre Martín Codax); (SIN) sínteses (sobre a música nas cantigas galego-portuguesas, ou sobre a investigación a ela relativa) e (INV) artigos de investigación sobre un tema particular. Neste último apartado, hai que distinguir os textos que teñen como obxecto central a lírica profana e aqueles que se debruzan sobre as Cantigas de Santa Maria; hai, con todo, casos en que os dous repertorios se tratan conxuntamente. Os títulos van ordenados por orde cronolóxica de publicación.

"A importancia do Pergamiño Vindel", in Johán de Cangas. Martín Codax. Meendinho: Lírica Medieval, 1200-1350, Vigo: Xerais, 1998, pp. 55-68 (RES)

"Codax revisitado", in Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1998, pp. 157-68 (ACT)

"A música das cantigas galego-portuguesas: balanço de duas décadas de investigação (1977-1997)", in Derek W. Flitter & Patricia O. Baubeta (eds.), Ondas do Mar de Vigo, Birmingham: Seminario de Estudios Galegos, 1998, pp. 58-71; Congreso O mar das cantigas, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1998, pp. 235-50 (SIN).

"Andalusian music and the Cantigas de Santa Maria", in Stephen Parkinson (ed.), Cobras e Som. Papers from a Colloquium on the Text, Music and Manuscripts of the Cantigas de Santa Maria, Oxford: Legenda, 2000, pp. 7-19 (INV)

"The Influence of Chant on the Cantigas de Santa Maria", in Cantigueiros, vol. XI-XII (1999-2000), pp. 29-40 (INV)

"Musik und Betonung in cantigas d'amigo", in Thomas Cramer et al. (ed.), Frauenlieder - Cantigas de amigo, Stuttgart: S. Hirzel, 2000, pp. 247-57 (INV)

"Iberian Monophony", in Ross W. Duffin (ed.), A Performer’s Guide to Medieval Music, Bloomington: Indiana University Press, 2000, pp. 144-57 (SIN)

"The Tradition of the Cantigas", in CD-ROM "Teaching Medieval Lyric with Modern Technology", dir. Margaret Switten, Mount Holyoke College, MA, 2001 (SIN)

"La musica delle cantigas galego-portoghesi. Bilancio di vent'anni di ricerche (1977-1998)", in Luciana Stegagno Picchio (ed), Civiltà letteraria dei paesi di espressione portoghese, I: Il Portogallo. 1. Dalle origini al Seicento, Firenze: Passigli Editori, 2001, pp. 167-79 (SIN)

"Afinidades musicais: as cantigas de loor e a lírica profana galego-portuguesa", in Memória dos Afectos. Homenagem da Cultura Portuguesa a Giuseppe Tavani, Lisboa: Colibri, 2001, pp. 187-205 (INV)

"Indícios de contactos poético-musicais entre a cultura trovadoresca e a cultura árabo-andaluza", in Xarajîb. Revista do Centro de Estudos Luso-Árabes de Silves, núm. 2 (2002), pp. 107-13 (SIN)

No prelo

“The Layout of the Cantigas: a Musicological Overview” (hase publicar no núm. 2 da Galician Review publicada pola Universidade de Birmingham) (INV)

"Rondel e Virelai: As formas musicais andaluzas e sua irradiação ibérica e mediterrânica" (a publicar nas Actas dun Colóquio Internacional realizado en abril de 2000) (INV)

Trad. da R.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: