Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Teatro mapuche

A Coordinadora Galega de ONGDs presenta dentro da programación de Actividades de Sensibilización en Cooperación ó Desenvolvemento, os vindeiros días 29 e 30 de abril de 2002, en Santiago de Compostela, as actuacións do grupo de Teatro PIMPIRIFLAUTA. Esta agrupación representará a obra: “Contos orais, lendas e mitos da illa de Chiloe”, a cal recolle, dun xeito didáctico, a cultura mapuche.

- 16:58 29/04/2002
Tags:

Con estas representacións a compañía teatral PIMPIRIFLAUTA e a Coordinadora Galega de ONGDs pretenden contribuir á sensibilización e respeto das etnias de América latina e fomentar actitudes de convivencia intercultural. A posta en escena está acompañada musicalmente por instrumentos mapuches.

A entrada é gratuíta. Velaquí o programa:

LUNS DÍA 29:

ás 18:00 h, na Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural DON BOSCO. Rúa Belvís, nº 2.
ás 22:30 h, no Colexio Maior Fonseca, no Campus Sur Universitario.

MARTES DÍA 30

ás 11:00 h, na Escola Infantil RAIOLA, na Rúa Raiola, 2 no Castiñeiriño.
ás 18:00 h, na Federación ITACA, na Rúa Pombal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: