Turismo e Informática serán as novidades da Universidade a Distancia para as que se ofrecerá soporte na cidade dende o próximo curso. Con este fin, a institución incorporará ademais as antigas aulas do Ingabad, que suprime os seus servicios na Coruña.
A Xunta cederálle á UNED o espacio que deixa libre o Ingabad. Suprímese asía esta opción semipresencial do bacharelato que se ofrecía aos alumnos coruñeses. Coa centralización do bacharelato a distancia en Santiago, a universidade a distancia poderá dispoñer das súas aulas.
Co próximo curso a UNED ofrecerá ademais o segundo ciclo de Informática e a diplomatura de Turismo.