Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Esixindo medidas contra a asbestose

Durante esta semana darán comezo os actos convocados por varios sindicatos para esixir medidas contra a asbestose. Entre os principais obxectivos destas mobilizacións destaca o de conseguir a implantación na cidade dun centro especializado no tratamento da enfermidade.

- 11:51 15/04/2002
Tags:

O mércores día 17 iniciaranse as actividades de protesta convocadas polos sindicatos integrantes da comisión de seguimento do amianto, CIG, UGT e CCOO. O primeiro dos actos consistirá nunha manifestación que partirá da rotonda de Catabois. Durante o transcurso da mesma, os asistentes entregarán un escrito no complexo asistencial do Sergas, demandando á Consellería de Sanidade que atenda as peticións do colectivo.

Xa o domingo día 21 as accións de protesta continuarán cunha concentración na praza da Constitución. O principal fin das mobilizacións pasa por mudar a posición do Goberno galego, que coa maioría do PP rechazou a creación dunha unidade especializada na cidade. No caso de que ese feito non se produza a plataforma sindical buscará o apoio dos traballadores en activo dos estaleiros públicos da Ría.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: