Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Agal homenaxea a Casares e Carvalho Calero

A Associaçom Galega da Língua realizou a súa asemblea anual en Santiago. Durante o encontro producíronse modificacións nos seus estatutos e rendéuselles homenaxe pública a Carlos Casares e a Carvalho Calero.

- 18:03 27/03/2002
Tags:

Os reintegracionistas de AGAL vían no recentemente falecido Carlos Casares unha figura que apostara decididamente polo consenso e por unha aproximación da normativa actual ao portugués. Durante unha homenaxe pública realizada durante o seu encontro anual, valoraron estas achegas do escritor á convivencia.

Tamén realizaron unha ofrenda floral na tumba do filólogo Carvalho Calero, no camposanto compostelán de Boisaca, polo duodécimo cabodano da súa morte. Procederon tamén á lectura dalgúns poemas seus.

Polo que respecta á parte técnica da Asemblea, a directiva encabezada por Bernardo Penabade recibiu un respaldo unánime dos socios, o que vén recompensar o dinámico traballo que marcou o último ano da AGAL. Na Asemblea de 2001a lista de Penabade gañara por estreita marxe a lista oficial encabezada por Maria do Carmo Henriques. A Asemblea aprobou tamén a proposta de limitar a presidencia e a secretaría da organización a dous mandatos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: