Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Torneo Internacional de Futbol-Sala en Pontevedra

A Federación Galega de Futbol Sala encargoulle o Leis 26 a organización dun torneo cuadrangular de seleccións no que estará en xogo o Trofeo Internacional Cidade de Pontevedra. Ademáis da selección galega estarán presentes neste evento os combinados de Oporto, Aragón e Angers (Francia).

- 12:26 26/02/1999
Tags:

O Estadio da Xuventude será os días 27 e 28 do presente mes o escenario do Torneo Internacional `Ciudade de Pontevedra' de Futbol Sala no que estarán presentes as seleccións representantes de Galicia, Aragón, Oporto e Angers (Francia). A organización deste evento deportivo correrá a cargo do Leis 26, tralo encargo que lle fixo o presidente da Federación Galega, Luis Pena. Nun principio, A Coruña estaba designada para ser a sede, pero o bo traballo realizado durante tantos anos pola directiva que preside Luis López Basalo convenceu ós dirixentes galegos para que o torneo cuadrangular se celebrase na cidade do Lérez. O patrocinio depende do Instituto Municipal de Deportes e da Deputación Provincial de Pontevedra, ademais da colaboración de Coca-Cola e Aguas de Mondaríz.

As semifinais disputaranse o día 27, estando previsto que a primeira delas se xoge a partir das seis da tarde entre Aragón e Oporto, mentres que as oito xogarase a segunda entre a representación galega e o conxunto francés do Angers. O partido correspondente ó terceiro e carto posto xogarase o domingo a partir das dez da mañán, mentres que a gran final levarase a cabo ás doce da mañán entre os vencedores das respectivas semifinais.

No aspecto deportivo, o seleccionador galego Roberto Amado contará cos xogadores que considere oportunos, pero xa se pode dar por contado que na lista de citados atopanse os xogadores do Rías, Chenlli, Javi Santos e Pitu, así como os ex xogadores do clube pontevedrés Oscar Ordóñez (Burela) e Marcos (Airtel Vigo). Tamén estarán no combinado galego os xogadores do O Parrulo de Ferrol, Edu, Regueira e Manolo Pardo. A disputa deste torneo servirá para facer unha cumbre de federacións rexionais para falar dos problemas que teñen na actualidade, mentres que os colexiados galegos de categoría rexional tamén se reunirán para chegar a un acordo á hora de pitar e ter os mesmos rigores para sinalar as faltas e non confundir nin os xogadores nin os espectadores que acuden ós partidos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: