O mellor equipo galego da historia deste deporte, O Liceo Airtel afronta a fase final da Copa do Rei na localidade madrileña de Alcobendas. Na primeira eliminatoria vaise enfrentar ó sempre difícil Noia Freixanet.
Os rapaces de Willy Duarte están completando unha fenomenal temporada, segundos na liga, en semifinais da Copa CERS e agora nesta Copa do Rei. Mañá disputarán os cuartos de final co Noia, e se gañan terán enfrente a Igualada ou Mataró. O Liceo xa gañou esta competición en oito ocaxións e agarda dar a sorpresa no municipal de Alcobendas perante sete equipos catalanes. O domingo dispútase a gran final, agardemos, que haxa presencia galega.