Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Queren que Mondoñedo sexa a quinta provincia

O Alcalde e o PSOE chaman a atención sobre o desartellamento das comarcas galegas.

- 16:20 28/05/1999
Tags:

A Coruña, Mondoñedo, Lugo, Ourense e Pontevedra. Quizáis habería que engadir Santiago, Betanzos e Tui, pois a reclamación de Mondoñedo como entidade provincial arranca da división do Antigo Reino de Galicia. Os promotores desta idea, entre os que salienta o propio alcalde da vila mariñana, o socialista Xavier Loira Rúa, tampouco semella que estean dispostos a chegar ata o final. O propio Loira e o seu partido aclaran que queren chamar a atención sobre o desartellamento de Galicia en canto á súa estructura comarcal e reclaman máis presencia institucional das comarcas, en concreto da Mariña, formada polos concellos do norte de Lugo, non todos costeiros.

Xunto con esa reclamación bule tamén un intento da histórica cidade (un título, non unha definición) por recuperar unha importancia desaparecida por completo. Na actualidade Mondoñedo non chega a sete mil habitantes, comparte a capitalidade da diócese con Ferrol, pero ise é outro título máis ca unha realidade, e as vilas costeiras da comarca da que se reclama capital non lle admitirían esa condición. Ribadeo, Viveiro e Burela rífanse a capitalidade da Mariña con máis argumentos que a vila natal de Cunqueiro.

De momento, os promotores da idea, conseguiron que se fale desta cidade fermosa e esquecida.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: