Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Andrés Díaz e Rocío Rodríguez ós Mundiais

Estes dous atletas galegos serán os únicos que compitan no Mundial de atletismo de Maebashi, en pista cuberta, que se disputarán do 5 ó 7 de Marzo. Andrés Díaz colleitou en Atenas o record europeo dos 1500 metros lisos e Rocío pulverizou a mellor marca española promesa dos 1500 metros.

- 12:26 26/02/1999
Tags:

Os 3.33.32 de Andrés Díaz supón un punto de inflexión na carreira deste galego afincado en Madrid debde ahi catro anos. Ademáis rompe coa mellor marca española de Fermín Cacho e colócao como favorito en Xapón. Pola súa banda a nova raíña do medio fondo é unha ferrolá que baixou en once segundos a súa mellor marca dos 1500 metros lisos. Os 4.14.32 acadados coa selección española en Génova, o pasado 24, danlle a marca mínima para o Mundial. A rapaza que defende as cores do modesto Ría Ferrol, viaxa para coller experiencia en competicións de máximo nivel.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: