A defensa dos intereses de Pontevedra como capital de provincia divide ás diferentes asociacións veciñais e sociais da cidade e provocan o aparcamento definitivo dunha nova convocatoria de manifestación, similar á que o pasado 5 de xuño xuntou na cidade do Lérez a 50.000 persoas en defensa dos intereses da capital.
A proposta de convocar unha nova manifestación en Pontevedra para o vindeiro mes de marzo, en defensa da súa capitalidade e en protesta pola continúa perda de peso específico, provocou unha forte división no seo das diversas asociacións e colectivos da cidade. A manipulación política da proposta foi un dos argumentos esgrimidos para o seu rexeite, que puxo de manifesto a desunión existente no movemento asociativo pontevedrés. Foi a Federación `Castelao', impulsora da creación da Plataforma do 5-X, a que tivo a última palabra nesta cuestión. Foron moitos os colectivos que elevaron a súa voz, argumentando que o problema de fondo era de protagonismo, e non de defensa dos intereses dunha cidade. As asociacións pontevedresas dubidan agora que poida haber continuidade para calquera proposta realizada pola Plataforma, debido á forte perda de credibilidade con que conta entre a opinión pública. Pola súa banda, Manuel Abeledo, presidente da Deputación, ofreceu mil millóns de pesetas para eliminar ou abaratar a peaxe na Autopista A-9, entre Pontevedra e Vigo, por considera-lo un asunto de interese xeral. Abeledo asegura que é este investimento é necesario "para mellorar de xeito considerable as comunicacións da cidade".