Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O sábado, premios Irmandade do Libro

O sábado 27 terá lugar ás 21.00 horas no Hostal dos Reis Católicos a entrega dos Premios "Irmandade do Libro", que concede anualmente a Federación de Libreiros de Galicia. Só se sabe o gañador da modalidade de autor, Manuel Rivas, que estará presente no acto.

- 08:13 26/02/1999
Tags:

A Federación de Libreiros de Galicia, co obxecto de potenciar o labor cultural nos distintos eidos, convoca anualmente os premios "Irmandade do Libro" nas modalidades de autor, medios de comunicación, institucións ou entidades, libreiros e colexios.

Estes premios están dotados cunha obra creada ao efecto, sen aportación económica agás no caso dos colexios. Nesta modalidade o gañador levará 250.000 pesetas e os dous finalistas 50.000, cartos que deberán ser investidos en libros.

O autor -única modalidade da que se coñece unha semana antes o gañador- elixido foi Manuel Rivas, pola súa obra O lapis do carpinteiro. Os outros dous finalistas foron Fina Casalderrey e Xosé Neira Vilas.

Na modalidade de medios de comunicación, os "nominados" son: "Guía dos Libros Novos", revista "Grial" e revista "A Trabe de Ouro". En canto a institucións, os tres posibles gañadores son: o Museo do Pobo Galego, o Patronato do Pedrón de Ouro e a biblioteca da Fundación Fermín Penzol.

Os colexios son: I.E.S. Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra), I.E.S.P. de Curtis (A Coruña) e C.E.I.P. de Xuño-Porto do Son (A Coruña). E os libreiros: Librería Bahía (Foz), Viláfer (Cangas do Morrazo) e Casalderrey (Marín).


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: