A Escola Galega de Administración Sanitaria organiza unha aula aberta sobre avaliación e calidade sanitaria, que foi inaugurada onte.
O director xeral da División de Asistencia Sanitaria do Sergas, Francisco López, acompañado do director da Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), Javier Bouzada, inauguraron onte unha Aula Aberta que se configura como un seminario de exposición teórica e debate sobre cuestións de actualidade na sanidade.
Os obxectivos desta Aula Aberta son os de contribuir á utilización axeitada dos procedementos sanitarios e proporcionar aos xestores a toma de decisión.
Ademais, achegará os coñecementos e experiencias que permitan ao xestor considerar os riscos e impacto que leva consigo a valoración das tecnoloxías sanitarias sobre a sanidade da poboación.
Tamén comezou onte a segunda edición do "Seminario sobre metodoloxía docente e evaluativa para titores MIR", promovido polo Sergas.