(6-7 de xullo) Cultura Quente, o festival con mellor nome do panorama ou polo menos máis axeitado para a calor do verán, reaparece este ano cun cartel de luxo e que non ten perda. Killer Barbies, Australian Blonde e Revelbeat serán uns dos elexidos para estas noites de festa rachada.
Os concertos celebraranse en dúas noites: a primeira, na do venres 6,
actuarán, na Carballeira: Killer Barbies, Strawberry (o ex-cantante de Def
Con Dos), Grass, Kannon, Karbon 14 e Revelbeat.
O sábado 7 tocarán Australian Blonde, Sex Museum, The Dismal, Deluxe (o novo
grupo de Xoel López, da Elephant Band) e Super Skunk.
Aínda que a multitude non saiba diferenciar entre a cantidade inxente de festivais do noso territorio, habería que estar un pouco tolo, ou non saber ler para non percatarse da calidade deste certame pontevedrés. Por se isto non chegara, Cultura Quente é totalmente gratis o que o fai moito máis atractivo para os nosos petos.
Tan só unha fin de semana despois, a Cultura Quente reaparece con toda a súa forza e sen resaca. A segunda Feira do Viño de Caldas de Reis, baixo o lema "Cultura do viño, cultura do camiño" seguirá facendo deste pobo un dos máis visitados e regados da nosa terra. Numerosas bodegas darán a probar os seus viños, e tamén haberá actuacións musicais na xornada do sábado: o
cantahumor (sic) Riki López, Le Punk, e Debuxos Reanimados.