A lei islámica -Xaria- di que un home pode repudiar a súa muller simplemente dicíndolle: "Eu divórciome de ti" tres veces. Isto aplicado aos tempos modernos permite que os maridos no emirato árabe de Dubai poidan usar as mensaxes SMS para separarse das súas esposas. As autoridades relixiosas deste pequeno país veñen de decretar que unha mensaxe de texto ao móbil é un xeito perfectamente válido de rematar cun matrimonio. Iso si, han de cumprir catro condicións: o home ten que ser o emisor da mensaxe, debe querer divorciarse, a frase utilizada debe ser inconfundible e a muller debe recibilo. Publícao aquí a versión electrónica do Daily Telegraph.
.