Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Retallos

Arte. Historia Oral. Sociolingüística. Literatura. Historia Social. Literatura Infantil e Xuvenil. Conta de recensións críticas e estudios relacionados cos estudios galegos publicados na prensa ou nas revistas de fóra de Galicia. Esta sección está aberta ás vosas informacións.

- 05:21 26/06/2001
Tags:

Arte
Ars Nova Mediterránea ofrece no seu número 2/00 un "Dossier Galicia", coordinado por Xosé Antón Castro e Alberto Ruiz de Samaniego. O número inclúe artigos de Felipe Peña, Fernando Agrasar, Peter Eisenman, Paula Mariño, Manuel R. Bertojo, Enrique Velasco, Moncho Amigo, Fernando Casás, Jorge Castillo e Xosé Freixanes entre outros. Ademais inclúe unha selección de trinta artistas galegos, con cadansúa nota crítica e unha selección da súa obra. A revista vai acompañada polo CD-Rom 60 Artistas gallegos.

Historia Oral
Archipiélago reproduce no seu número 44 estractos dunha conversa cun labrego lugués en "¿Adiós al campesinado? Conversación con un viejo campesino gallego", de Julia Varela. O documento foi verquido ó castelán pola entrevistadora e ofrece un testemuño sobre os cambios que experimentou o agro galego no século XX.

Sociolingüística
Bulletin of Hispanic Studies encabeza o número de xaneiro de 2001 cun artigo "Política lingüística en la España actual", de Lynn Williams. Nel ofrécese unha valoración dos resultados da política lingüística nas comunidades con lingua propia desde a implantación da constitución de 1978.

Literatura
O suplemento Cultura do xornal barcelonés Avui do xoves 14 de xuño de 2001, abre a súa entrega semanal cunha longa entrevista en portada máis dúas páxinas a Manuel Rivas preparada por Lourdes Domínguez e titulada "Manuel Rivas: La literatura no és sinònim de grandiloqüència".

Historia Social
Historia Social, revista publicada pola Fundación Historia Social e o centro da UNED en Alzira, Valencia, inclúe un artigo do profesor de historia contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Eduardo Rico titulado "Política forestal y conflictividad social en el noroeste de España durante el primer franquismo".

Literatura Infantil e Xuvenil
Literatura Infantil y Juvenil inclúe no seu número de abril unha entrevista de Elisabet Marco Escoda titulada "Gloria Sánchez García: ganadora del Premio Lazarillo de creación literaria".

Dir. Ramón Tió Bellido
Ars Nova Mediterránea.
Núm. 2/00 Dossier Galicia, 2000.
Coord. por X. A. Castro & A. Ruiz de Samaniego.
Revista + CD-Rom
Barcelona / Roma: Asociación Mediterránea de Arte Contemporáneo.
D.L. 33394/2000

Dir. Julia Varela, Isabel Escudero & J. A. González Sainz
Archipiélago. Cuadernos de Crítica de la Cultura.
Núm. 44, novembro/decembro de 2000.
Barcelona: Ed. Archipiélago.
ISSN 0214-2686

Dir. Dorothy Shermann Severin
Bulletin of Hispanic Studies
Vol. LXXVIII, núm. 1, xaneiro de 2001.
Liverpool: Liverpool University Press.
ISSN 0007-490X

Dir. David Castillo
Suplemento Cultura do Avui.
Xoves 14/07/2001.
Barcelona: Avui.

Dir. Javier Paniagua & José A. Piqueras
Historia Social.
Núm. 38, 2000.
Alzira, Valencia: Fundación Instituto Historia Social, UNED.
ISSN 0214-2575

Dir. José D. Aliaga Serrano
Literatura Infantil y Juvenil.
Núm. 117, abril de 2001.
Barcelona: Fin Editores.
ISSN 1136-7644


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: