O Consello da Xunta deu hoxe a coñecer os nomes dos "gañadores" das Medallas Castelao do ano 2001. Os merecedores son, atención, nomes como Amancio Amaro (ex xogador do Real Madrid), Fernando Ónega (xornalista) ou un tal Hipólito Rey Mosquera, propietario do restaurante Casa Hipólito de Catoira (¿?). Este galardón creouse en 1984 para conmemorar o retorno a Galicia dos restos de Castelao. E seica que o Executivo galego pretende distinguir con ela a "aqueles galegos e galegas que sexan autores dunha obra merecedora do recoñecemento do seu pobo". En fin, nesta ocasión dez homes (ningunha muller) foron honrados con tal recoñecemento, aínda que poucos saben ben o porqué. Se queren averigualo poden ver as súas biografías neste documento PDF do Consello da Xunta.
.