Unha delegación de vintetrés dirixentes do Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN), encabezada polo Subcomandante Marcos, emprendeu o pasado sábado unha viaxe cara a capital mexicana. A delegación partiu de Altos, no estado de Chiapas, e antes da súa chegada ao Distrito federal visitará 12 estados nun percorrido de tres mil quilómetros durante catorce días. Máis información no Canal Mundo de Vieiros.
.