O Colexio de Arquitectos está a tentar achegar a arquitectura galega aos centros de ensino secundario a través do Proxecto Terra. Segundo o decano da institución, José Manuel Rey Pichel, trátase dun dos proxectos emblemáticos do Colexio, programa clave dentro da nosa política cultural. O descoñecemento xeralizado na sociedade dos temas do territorio foi o que deu a idea para crear este iniciativa xa que consideramos que o ensino é a vía indicada para mellorar o coñecemento que se ten do mundo da arquitectura.
.