A promoción do autoemprego, principal obxectivo.
A Xunta de Galicia entende que o mellor remedio contra do paro é o autoemprego, e por eso apoia iniciativas coma a Semana do Emprendedor, que remata o venres na Escola de Empresariais.
Durante o Mércores, o Xoves e o Venres o centenar e medio de persoas inscritas nas Xornadas (a maioría estudantes de Empresariais) poden escoita-las explicacións de directivos de empresas grandes e pequenas, de asesores laborais, económicos e xurídicos e de representantes das institucións, sobre a realidade da actividade empresarial.
Esta I Semana coincide coa Feira do Autoemprego, que trouxo a Empresariais os stands de empresas e institucións relacionadas co mundo laboral.