Coincidindo co décimo aniversario da súa morte, a Biblioteca ´Francisco Pillado Mayor´ do Departamento de Galego Portugués da Universidade de A Coruña edita unha recompilación de escritos sobre teatro de Carvalho Calero. E a finais de mes, a Facultade de Filoloxía de Elviña e a de Humanidades en Esteiro (Ferrol) acollerán conxuntamente o simposio 'Carvalho Calero, a memoria dun século'. Máis información en Vieiros A Coruña.
.