Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Moito público no Festival de Cinema de Ourense

A película arxentina Río Escondido levou o Grande Premio Calpurnia do Festival Internacional de Cinema Independente de Ourense. O galardón recoñece esta obra da directora María García Guevara como a mellor da mostra. O público, pola súa banda, escolleu a australiana The day Neil Amstrong walked on the moon. Tamén houbo premio para o cinema galego-portugués. O Eixo Atlántico, que se outorga aos traballos de ambas as dúas nacións, foi para o luso António Ferreira por Respirar (debaixo d´água). A nota emotiva foi a homenaxe que o festival lles quixo facer aos actores de reparto. Na súa honra foron premiados os actores de Maestros: Jesús Guzman, Álvaro de Luna, Tomas Zori, Manuel Alexandre e Conrado San Martín. A proxección de Divertimento, co arxentino Federico Luppi e o murciano Paco Rabal, foi a escollida para pechar as xornadas cinematográficas. Esta 5ª edición do Festival Internacional de Cinema Independente de Ourense acadou un vinte por cento máis de asistencia ás salas, segundo a organización.

- 16:10 10/11/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: