Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Editan un libro en homenaxe a Carballo Calero

Coincidindo co décimo aniversario da súa morte, a Biblioteca ´Francisco Pillado Mayor´ do Departamento de Galego Portugués da Universidade de A Coruña edita unha recopilación de escritos sobre teatro de Carvalho Calero.

- 22:53 25/10/2000
Tags:

O volume ´Escritos sobre teatro´ recolle cronoloxicamente o que en diversos medios foi publicando o autor ó longo de corenta anos da súa vida.

Ensaios, conferencias, investigacións e artigos varios dun personaxe prolífico que cultivou ademais a poesía e a novela. Precisamente, Carvalho Calero fora o autor da primeira novela publicada en galego logo da Guerra Civil.

A obra é editada pola Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor" do Departamento de Galego- POrtugués da Universidade de A Coruña. Está prologado por Laura Tato, a coordenadora científica da Biblioteca.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: