O Comité Noruego do Nobel fixo público o venres o nome do Premio Nobel da Paz 2000: Kim Dae Jung, presidente de Corea do Sur, pola súa contribución á democracia e aos dereitos humanos en Corea do Sur e á paz e a reconciliación con Corea do Norte. Segundo o Comité, dende que entrou a gobernar en 1997 consolidouse a democracia no seu país e puxo as bases para unha futura reunificación da península coreana. Ademais, apoiou a democracia en Burma e loitou contra a represión en Timor Leste.
.