O 3 de outubro de 1990 procedíase á reunificación da RFA e da RDA nunha soa Alemaña. Milleiros de persoas reúnense hoxe na porta de Brandemburgo en Berlín e en Dresden, onde teñen lugar as celebracións oficiais. Sen embargo, o grande artífice deste acontecemento, o ex chanceler Helmut Kohl, non estará presente. Dixo que non sería quen de artellar un discurso. Agora mesmo está sendo investigado por mor da acusación de financiamento ilegal do seu partido, a CDU. Hoxe os xornais alemáns fan unha análise deste período, centrándose sobre todo nos problemas económicos do Leste, que segue sen coller o ritmo económico da parte máis occidental. Para quen saiba alemán recomendamos o especial informativo do Der Spiegel, e en inglés, a información do Frankfurter Allgemeine.
.