Na península de Corea están a desenvolverse diversos actos sociais, culturais e políticos coa fin de fomentar as relacións bilaterais entre os gobernos do Norte comunista e do Sur capitalista. As autoridades de ambos réximes permitiron un encontro entre familias separadas pola fronteira infranqueable que os dous países estableceron ao remate da guerra, hai agora 50 anos. Cen persoas do Norte viaxaron á capital sureña Seul e outras tantas do Sur colleron un avión rumbo a Pyongyang, no norte, para atoparse de novo cos seus parentes. O encontro en Seul estivo marcado por emotivas escenas, que foron captadas en directo pola televisión coreana. Quedan as imaxes para o recordo, porque o venres, as familias terán que separarse unha vez máis e volver ás súas casas. Case oito millóns de coreanos do Sur teñen familiares no Norte. Máis información no Korea Herald (sur) e na Axencia Central de Noticias (norte).
.