Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Festas de San Roque de Portonovo

(14-18 de agosto) A festa da sardiña é un dos principais atractivos do San Roque nesta vila do Salnés, en Pontevedra. Serán sardiñas e viño para comezar uns días nos que a música vai inundar todo lugar. A festa do Carme e e a festa do can son outras xornadas prometedoras dentro do San Roque.

- 14:41 11/08/2000
Tags:

Os Terribles do Salnés, o grupo de gaiteiros de Vilagarcía, van dar unha boa volta por Portonovo estes días. O día 14, festa da sardiñada espertarán ao persoal, axudados por Os Gatiños e Savia Nova. Unha vez espabilados, haberá que se dirixir a grande sardiñada coa que se celebra a festividade do día.
Será un bo xeito de comezar o San Roque 2000. Unha festa que vai contar con moita música. Do mundo, como o Festival internacional de folclore o primeiro día, pero sobre todo galega. Procesións, pirotecnia, baile e karts completan a oferta festeira de Portonovo.
O día, 15, o da Nosa Señora comezará co ruido das gaitas e das bombas de palenque. Baile rexional e verbena completarán a xornada, que dará paso ao día grande o de San Roque. Roquiño terá misa e procesión na súa honra. Tamén haberá karting e a verbena nocturna, que se converterá en algo ineludible ata o final das festas.
As bandas serán as protagonistas da festa do Carme, o 17, e o 18, festa do can, será o día deportivo, con marathon e piragüismo. Así pois, unha grande verbena popular na honra do Santo Roque, en Portonovo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: