Guía electoral
Calendario electoral
FEBREIRO
Domingo 1
Subsanación das irregularidades
Fin do prazo para a subsanación das irregularidades nas candidaturas.
Luns 2
Proclamación de candidatos
Proclamación de candidatos por parte das XEP.
Voto accesible
Remata o prazo de comunicacións do uso do procedemento de voto accesible.
Martes 3
Publicación das candidaturas
Publicación no DOG das candidaturas proclamadas.
Mércores 4
Recurso contra os acordos de proclamación das candidaturas
Inicio do prazo para a interposición de recurso contra os acordos de proclamación da XEP ante o xulgado do contencioso - administrativo.
Lugares para os carteis
Comunicación das Xunta Electoral da Zona, aos representantes das candidaturas, dos lugares reservados para os seus carteis.
Xoves 5
Confección de papeletas
Confección de papeletas electorais nas circunscricións nas que non se interpoña recurso contra a proclamación dos candidatos.
Solicitude dos lugares para actos de campaña electoral
Fin do prazo para a solicitude dos representantes das candidaturas ante a XEZ dos locais e lugares para a realización gratuíta de actos de campaña electoral.
Venres 6
Resolución dos recursos
Inicio do proceso de resolución xudicial dos recursos contra os acordos de proclamación da XEP, sen prexuízo do procedemento de amparo ante o Tribunal Constitucional.
Atribución de locais
Comunicación das XEZ aos representantes de cada candidatura, a atribución de locais oficiais e lugares públicos de uso gratuíto.
Domingo 8
Procedemento de amparo
Inicio do prazo para o procedemento de amparo ante o Tribunal Constitucional.
Resolución solicitude de amparo
Inicio do prazo para a resolución do Tribunal Constitucional sobre solicitude de amparo.
Luns 9
Documentación voto por correo
Comeza o prazo para a remisión da DPOCE correspondente, ao elector a documentación do voto por correo.
Xoves 12
Resolución solicitude de amparo
Fin do prazo para a resolución do Tribunal Constitucional sobre solicitude de amparo.
Venres 13
Campaña electoral
Inicio da campaña electoral.
Campaña institucional
Inicio da campaña institucional por parte dos poderes públicos, destinada ao fomento da participación dos electores na votación.
Sábado 14
Alegacións de causas que impidan ser membro mesa
Fin do prazo para a presentación de alegacións das persoas designadas como membros das mesas electorais da causa, xustificada e documentada, que lles impida a aceptación do cargo, ante a XEZ.
Xoves 19
Solicitude de certificado de inscrición no Censo
Fin do prazo de solicitude dos/as electores/as residentes no estado que desexen votar por correo, dirixida á DPOCE correspondente, dun certificado de inscrición no Censo electoral ante calquera oficina do servizo de correos.
Publicación das seccións
Inicio do proceso de publicación das seccións, mesas e locais en Internet e exposición ao público nos respectivos concellos.
Domingo 22
Documentación voto por correo
Remata o prazo para a remisión da DPOCE correspondente, ao elector a documentación do voto por correo.
Martes 24
Difusión de sondaxes
Inicio do prazo de prohibición de publicación e difusión de sondaxes electorais por calquera medio de comunicación.
Xoves 26
Nomeamento dos interventores
Fin do prazo para o nomeamento por parte dos representantes das candidaturas, de ata dous interventores por cada mesa electoral.
Envío das credenciais dos interventores
Fin do proceso de envío dos representantes das candidaturas ás XEZ das credenciais de nomeamento dos interventores.
Venres 27
Campaña electoral
Fin da campaña electoral.
Campaña institucional
Fin da campaña institucional por parte dos poderes públicos, destinada ao fomento da participación dos electores na votación.
MARZO
Domingo 1
Día das eleccións
Xornada Electoral.
Luns 2
Nova votación
Comeza o prazo para a celebración dunha nova votación naquelas mesas que non puideron constituírse o día da votación.
Martes 3
Nova votación
Remata o prazo para a celebración dunha nova votación naquelas mesas que non puideron constituírse o día da votación.
Luns 9
Escrutinio xeral
Comeza o prazo para a realización do escrutinio xeral por parte das XEP.
Acta de escrutinio
Iníciase o prazo para a realización por parte da XEP dunha acta de escrutinio, por triplicado e concluído o escrutinio.
Xoves 12
Escrutinio xeral
Remata o prazo para a realización do escrutinio xeral por parte das XEP.
Venres 13
Data límite para reclamacións dos representantes
Data límite para as reclamacións dos representantes e apoderados das candidaturas respecto ás incidencias recollidas nas actas de sesión das mesas electorais ou na acta de sesión de escrutinio da XEP.
Martes 17
Comparecencia ante a XEC
Data límite para que os representantes das candidaturas comparezan ante a Xunta Electoral Central.
Mércores 18
Audiencia ante a XEC
Data límite para que a XEC reciba en audiencia ás distintas partes.
Venres 20
Proclamación dos electos
Data límite para que as XEP procedan á proclamación dos electos.
ABRIL
Mércores 1
Constitución do Parlamento
Sesión constitutiva do Parlamento de Galiza.