Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Accionistas piden transparencia nas contas

Que está a pasar no Dépor?

Logo de cen anos de historia, ninguén pon en dúbida que o mandato de Augusto César Lendoiro á fronte do Deportivo da Coruña foi o máis exitoso da súa historia. Cinco títulos e fazañas como a eliminación do Milan nos cuartos da Champions League acredítano. Porén, o presidente enfróntase nos últimos tempos á unha importante crise económica e á organización de accionistas que piden transparencia nas contas da entidade.

Gael Garcia - 13:25 05/03/2007
Os éxitos deportivos, principal aval de Lendoiro

Os éxitos deportivos, principal aval de Lendoiro

Este 2 de marzo a Plataforma por un Deportivo transparente e permanente anunciou que xa conta co 4,87% do apoio do capital social do club. Trátase dun grupo de accionistas que procura chegar até o 5% do accionariado para esixir unha Xunta Xeral Extraordinaria na que se "aclaren as dúbidas que existen sobre a situación económica" do club.

A plataforma creouse o pasado decembro logo da polémica xunta do Playa Club na que Lendoiro se negou a dar explicacións sobre a identidade dos debedores da entidade (118 millóns de euros), as inmobilizacións inmateriais (88 millóns) e os ingresos extraordinarios (25 millóns). En apenas tres meses a iniciativa acadou case o cinco por cento que esixe a lei para reclamar a celebración da Xunta Xeral Extraordinaria.

Malia que nun principio a idea deste grupo era solicitar unha auditoría externa para coñecer o estado das contas, aseguran que esperarán a que Lendoiro o explique todo sen necesidade de chegar a ese extremo.

"o consello prexudica o dereito á información que temos todos os accionistas"

A plataforma, que non se define como oposición, está a acadar tamén certa repercusión nos medios de comunicación e na rede. Este luns 5 de marzo, a páxina non oficial sobre o Deportivo máis visitada, Riazor.org, publica unha ampla entrevista aos responsábeis do grupo realizada polos usuarios da páxina. No encontro virtual, insisten na necesidade de coñecer porque os supostos debedores non pagan e denuncian que "o consello prexudica o dereito á información que temos todos os accionistas".

Lendoiro non está só na rede
Neste delicado momento que está a atravesar o club coruñés tampouco faltan os que defenden sen condicións a xestión de Lendoiro. O blog ‘Deportivo e Lendorio: por outros 18 anos’ é un espazo en que se destaca periodicamente os logros acadados polo actual presidente. Nel, especúlase sobre as razóns polas que o consello non quere facer públicas as súas contas e reflexiónase sobre os artigos publicados desde medios de comunicación no favorábeis ao presidente.

A xunta extraordinaria debería celebrarse no próximo mes
Malia este tipo de apoios incondicionais, Lendoiro terá previsibelmente que convocar a xunta extraordinaria no próximo mes, xa que se espera que a Plataforma por un Deportivo transparente e permanente acade o 5% do apoio do accionariado esta mesma semana. O club debería convocar os accionistas nun prazo de 30 días desde o momento en que se presente a solicitude.

Espérase que a Plataforma acade o 5% do apoio do accionariado esta mesma semana

Desde a Plataforma lémbrase que o presidente contou cun 10% de apoio na última xunta malia realizar unha forte campaña de captación e dispor dos datos de contacto de todos os accionistas. No aire, á espera de ser tratado nunha xunta, quedará a posíbel apertura do límite de participación accionarial do 1%, o que permitiría a entrada no club dalgún investidor maioritario que se faría co mando do club, como sucede no caso do Celta e na maioría dos equipos da Primeira División.

Novas relacionadas

Incerteza no vestiario do Deportivo

O Deportivo está a vivir unha pretempada atípica. Despois de realizar o stage con todos os descartados (en contra dos desexos de Caparrós), logo da...


A volta

A Plataforma por un Deportivo transparente e permanente anunciou que xa conta co 4,87% do apoio do capital social do club.

A volta

A iniciativa naceu o pasado decembro logo da polémica xunta do Playa Club na que Lendoiro se negou a dar explicacións sobre a identidade dos debedores da entidade.

A volta

Lendoiro terá, previsibelmente, que convocar a xunta extraordinaria no próximo mes

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: