 |
MABEL RIVERA
O ensino deberia garantir-nos o direito básico a achegar-nos ao mundo e ao coñecimento en xeral desde o noso idioma e a nosa identidade, como galegos e galegas. |
 |
ERNESTO CHAO
Non hai direito a que a escola nos roube algo tan importante para comunicar-nos como é o idioma. |
 |
SONIA CASTELO
A Xunta de Galiza ten que asumir a sua responsabilidade e pór os médios para que se cumpra a lei que regula o uso do galego no ensino: é o mínimo que se pode pedir. |
 |
SANTI ROMAI
Todas e todos temos que facer un esforzo por recuperar e fortalecer a nosa identidade de galegos e galegas: nais e pais, profesorado, xente nova,
cadaquén desde o seu lugar na sociedade. |
 |
X. M. OLVEIRA "PICO"
É unha mágoa que a nosa língua sufrise tanto que, ao final, por causa de tanto prexuizo e tanta presión, a xente acabase por non falar-lles aos seus fillos e fillas en galego. O ensino deberia axudar a recompoñer esa desfeita, para facer-nos sentir orgullosos da nosa cultura e da nosa língua. |
 |
MELA CASAL
Un maior uso do galego no ensino sen dúbida ha de contribuir a que os nosos rapaces e rapazas dominen mellor o galego, e iso faciliatrá tamén a aprendizaxe doutras línguas, o que supón que terán unha formación de maior calidade. |