Vieiros
Como funciona isto




'' ORDER BY data2 DESC",$db); if (mysql_num_rows($consulta2)>0) { ?> Textos:
- ">
Necesariamente X


Camilo Franco

Camilo Franco e Rocio Castro

Na presentación de "Por conto alleo", primeiro experimento literario de Vieiros e Camilo Franco.
Para evitar problemas co sexo e coa tradición quixo ser bebé probeta, pero os seus pais opuxéronse violentamente. Deambulou por varias institucións educativas tras ser expulsado dun colexio relixioso na temperá idade de dez anos. Catro anos de encontro frontal coa agricultura e gandería bucólica galega previa á reconversión europea. Despois, amencer proletario antes de descubrir que para escribir piden menos titulación que para camareiro. Desemboca en actividades tan furtivas como acudir a un sex-shop: o cotián labor da crítica e a ben espóradica publicación de volumes de relatos breves (A lúa no cénit, En malos pasos). Tropezos que non evitan a familiarización con internet e a literatura virtual con Por conto alleo, experiencia que aínda se pode consultar nestas mesmas páxinas, igual ca súa biografía non autorizada.



 

Necesariamente X | Como funciona isto | Coidado coas mans | Participa