
|
|
 |
 |
 |
Quen é quen...
nas Portelas
Felipe Lubián. Procurador do PSOE nas Cortes de Castela e León e alcalde de Lubián. É o máis coñecido dos defensores do galego nesta comunidade autónoma por levar a Valladolid as reivindicacións lingüísticas das zonas estremeiras. Froito do seu traballo foi, entre outras cousas, a materia optativa de galego nestas zonas logo de que se modificase o artigo 4º do Estatuto, e tamén o ensino de galego na Escola de Idiomas de Ponferrada. No ano 2001 seguiu o ronsel do concello da Veiga do Valcarce (Bierzo) ao declarar cooficial o galego en Lubián, moción que nunca chegou a ter validez legal.
Vieiros Letras 2002
|
 |
 |
 |
|