Letras 2002


Martin Sarmiento
•  Biografía
•  Axenda
•  Na web

Pola lingua que nos une
•  Concurso
•  Campaña
•  Escolma

Trebellas ou traballas
•  Por un vocabulario sexual galego



Quen é quen...
no Eo-Navia

MESA PRÁ DEFENSA DO GALEGO DE ASTURIAS (MDGA). A Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca (MDGA) nace o 30 de outubro de 1988 en Grandas de Salime da fusión do Grupo de Eilao Pro Defensa da Nosa Lingua, a Asociación Cultural Ántola de Ibias e varias persoas sensibilizadas con esta reivindicación. A asociación plantexouse actuar no ámbito dos concellos da zona asturiana de fala galega ademais dos máis orientais da parte luguesa (Navia de Suarna, A Fonsagrada, A Pontenova, Trabada e Ribadeo). O 29 de xaneiro de 1989 celebra a súa 1ª Asamblea en Santiso de Abres, e a partir de aí comenza a reivindicación das posturas galeguistas no Eo-Navia. Dende entón leva participado en varios encontros e xornadas, así como recibido diversos premios polo seu labor. Un apartado salientable será a sección de publicacións nestes anos: A Freita, revista da MDGA que xa vai polo número 15, O Espello sobre poesía, a revista Britonia (con dous números) sobre aspectos de investigación científica, a colección de contos para nenos Castelo das Letras (que xa vai polo número 6), as Normas Ortográficas e Morfolóxicas del galego de Asturias, a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos e varios títulos sobre etnografía e literatura. Nos últimos anos remitiu moito a súa actividade.

COTARELO VALLEDOR. O que en principio era un colectivo de escritores rematou converténdose nunha biblioteca virtual eonaviega. Ten a finalidade de publicar traballos literarios eonaviegos en formato de libro electrónico para poderen ser descargados gratuitamente. Está liderado por Xavier Frías e edita o boletín electrónica "A Carqueixa".

Benigno Fernández Braña. "Beni" é o presidente da MDGA desde a súa fundación, de profesión médico rural no concello de Eilao, foi unha das primeiras persoas sensibilizadas co tema da reivindicación da defensa da lingua e cultura da comarca do Eo-Navia, e alma do xérmolo da MDGA o Grupo Eilao Pro Defensa da Nosa Lingua xunto con varios mestres. Loitador incansable, levou nestes anos moito do peso cultural e reivindicativo da defensa do galego de Asturias, asistindo a varias xornadas e xuntanzas e organizando reunións con políticos para achegar a realidade cultural da comarca Eo-Navia ás institucións tanto asturianas como galegas denunciando a discriminación existente nesta comarca. Nos últimos tempos diminuiu moito a súa presencia pública.

Xavier Frías. Profesor na Universidade Complutense de Madrid, é un dos históricos defensores do galego no Eo-Navia. Está detrás do Colectivo Cotarelo Valledor e é o editor de Vieiros Terra Eo-Navia. Ten unha extensa obra publicada, tanto no que se refire a creación (poesía e contos), como no eido da investigación lingüística e literatura.



VieirosLetras 2002
 


O galego exterior
Como vive o galego en Eo-Navia
Quen é quen no Bierzo
Quen é quen nas Portelas
Quen é quen no Val das Ellas

Vieiros Terra Eo-Navia