Letras 2002


Martin Sarmiento
•  Biografía
•  Axenda
•  Na web

Pola lingua que nos une
•  Concurso
•  Campaña
•  Escolma

Trebellas ou traballas
•  Por un vocabulario sexual galego



Quen é quen...
no Val das Ellas

ASOCIACIÓN FALA I CULTURA: Asociación creada a principios dos anos noventa. Aínda que ten a súa sede en Samartín, ten realizado accións nos tres lugares. Colabora na redacción da revista Anduriña, que edita o Concello das Ellas.

Domingo Frades Gaspar. Técnico da Consellería de Agricultura da Xunta de Estremadura e estudioso das falas. Natural de San Martiño de Trebello. Nos anos 70 comezou a elaborar e a distribuír fotocopiados pequenos estudios sobre as falas do Ellas ("Algu sobre a nossa fala" 1 e 2), así como libros de poemas ("Versus de un verán") ou estudios históricos sobre aspectos da súa vila natal. En 1993 foi o promotor do "Manifesto dos tres alcaldes" en defensa das falas do val. É presidente da Asociación "Fala i Cultura" do Val do Río Ellas e tenente-alcalde en San Martiño de Trebello polo PSOE. Recentemente publicou o libro divulgativo Vamus a falal.

Severino López Fernández. Mestre do Colexio Divina Pastora das Ellas. Natural das Ellas. Leva varias lexislaturas sendo tenente-alcalde nas Ellas polo PSOE. "Rapsoda local" como lle gusta definirse, apañador da lingua enxebre da tribo lagarteira, foi cofundador de "Fala i Cultura", asociación da que é secretario. É autor dos libros en lagarteiro Topónimus das Ellas i rimas en lagarteiru e Arreídis (recollida de refráns e ditos populares lagarteiros). É asemade o dinamizador da revista lagarteira "Anduriña".

Isabel López Lajas (1884-1967). Natural de Valverde. Fundou na postguerra unha especie de "misión pedagóxica" chamada "Escola dominical". No seo dela escribiu e dirixiu a representación pública de varios sainetes didáctico-moralizantes, recollidos no volume Seis sainetes valverdeiros publicado por Edicións Positivas.

Marga Carrasco. Valverdeira. Mestra de EXB. Foi locutora en valverdeiro da desaparecida emisora "Radio Valverde". Na actualidade vive e traballa en Madrid.

David Carrasco. Pai da anterior. Ten un diario inédito escrito en valverdeiro dunha riqueza léxica impresionante.

Alfonso Berrío. Pastor e escultor autodidacta. Vive no Carballal, aldea de Valverde. Ten unha pequena pero moi interesante obra escultórica en madeira que ten exposto en varios lugares da península. As súas obras levan sempre títulos en valverdeiro. Traballa sobre raíces de oliveira, carballo e aciñeira.

Máximo Gaspar. Actual alcalde de San Martiño de Trebello polo PSOE. Ten participado nos últimos anos en varios foros públicos (Santiago, no encontro "Latim em pó", Salamanca-Vilafranca, nas "Xornadas sobre o galego exterior", etc) expoñendo a situación das falas do Val do Ellas.


VieirosLetras 2002
 


O galego exterior
Como vive o galego no Val das Ellas
Quen é quen no Eo-Navia
Quen é quen no Bierzo
Quen é quen nas Portelas

Vieiros Val das Ellas