Letras 2002


Martin Sarmiento
•  Biografía
•  Axenda
•  Na web

Pola lingua que nos une
•  Concurso
•  Campaña
•  Escolma

Trebellas ou traballas
•  Por un vocabulario sexual galego



Quen é quen...
no Bierzo

FALA CEIBE. Fala Ceibe é un colectivo cultural con sede en Ponferrada que foi creado en 1998 coa principal misión de promover e defender o uso da lingua galega na comarca. Unha das causas constitutivas foi a demanda que houbo da materia voluntaria de galego entre o alumnado do IES "Alvaro de Mendaña" de Ponferrada no curso 1997-98. A partir deste feito formulouse a idea de que había que reorganizar a reivindicación lingüística a prol do galego do Bierzo. Presidido por Xabier Lago Mestre e formado basicamente por xente nova, é a organización máis dinámica no que se refire a presencia social e a organización de actividades.

ESCOLA DE GAITAS DE VILAFRANCA. Esta asociación cultural nacía no inverno do ano 1981 como Aula de Música do Instituto de Cultura Popular "Gilberto Núñez Ursinos" e no ano 1989 constitúese como Asociación Cultural coa fin do estudio e recuperación do patrimonio tradicional. Pero desde o primeiro momento da súa existencia vén traballando no mantemento de distintos costumes como os magostos, fogueiras tradicionais, volteo de campás e xogos populares, destacando especialmente o seu labor na revitalización da denominada Festa do Maio. Do seu traballo no terreo cultural destaca a organización das Xornadas da Cultura e Lingua Galegas no Bierzo e edición da súa Memoria centradas en distintos. Outramente conta no seu haber coa organización de catro festivais de música celta e innumerables actuacións. Recentemente (1999-2000) impulsou un proxecto museístico para a vila de Vilafranca arredor da Asociación Pro-Museo de Vilafranca onde nace a proposta no outono do 2001 de crear a Comisión Cultural "SARMIENTO 2002" que inicialmente reivindicou a celebración do Día das Letras 2002 na vila natal de Sarmiento co obxectivo. Precisamente polo labor a prol do galego no Bierzo ao longo xa máis de vinte anos recibe este ano 2002 o Pergamiño de Honra xunto con outros movementos reivindicadores do galego nos territorios de Asturias e Zamora. O seu presidente é Hector Silveiro.

INSTITUTO DE ESTUDIOS BERCIANOS (IEB). Institución privada adicada a estudiar o patrimonio cultural, histórico e artístico do Bierzo. Dirixido por Alfredo Rodríguez, o IEB está comprometido coa defensa da lingua e da cultura galega no Bierzo e ten promovido e apoiado diversos estudios de lingua e literatura galegas na comarca.

A MESA POLA DEFENSA DO GALEGO DO BIERZO. Nace aló polo ano 89, formada por xente do colexio de Corullón, da Escola de Gaitas e outras persoas que logo entraron a formar parte da directiva do IEB, o que paralizou a dinámica da Mesa. Actualmente reúnense ás veces, pero a súa actividade é escasa ou case nula.

RENOVACIÓN DE VALCARCE (RV). Agrupación de electores formada para concurrir ás pasadas eleccións municipais. A súa orixe estivo nas mobilizacións para pechar un vertedoiro ilegal de lixo. Daquela Gaspar Méndez era o voceiro dos manifestantes e logo convertiuse no líder de RV, acadando nas eleccións 2 concelleiros (goberna o PSOE con 5), co 30% dos votos. Deste grupo saíu a moción a prol da oficialidade do galego aprobada o 24 de xaneiro de 2001. Non todos os seus compoñentes son galeguistas. Agora están vencellados ao PB, e concorrer coas súas siglas nas próximas municipais.

Gaspar Méndez (Ponferrada, 1964). Licenciado en CC. Económicas é voceiro de RV no Concello da Veiga. Del partiu a iniciativa da oficialidade do galego neste municipio, que se conseguiu o 24 de febreiro de 2001, aínda que meses despois foi derogada. Xa anunciou que non volverá a repetir como cabeza de lista nas vindeiras eleccións municipais. É tamén militante de Fala Ceibe, editor de Vieiros O Bierzo e un dos promotores do Manifesto a prol de Vilafranca.

Héctor Silveiro (Vilafranca, 1964). Presidente e fundador da Escola de Gaitas, é profesor de secundaria e veterano axitador da loita pola cultura galega no Bierzo. É un dos promotores da creación da Comisión Sarmiento 2002 que está a organizar actos durante todo este ano en honra ao ilustrado vilafranquino. Autor de numerosos artigos sobre a cultura galega no Bierzo, realizou a Unidade Didáctica sobre os maios en 1987.

Marisa Cela (Vilafranca, 1963). Membro da Directiva da Escola de Gaitas, hoxe é a súa principal responsable. É profesora de gaita na Escola Municipal de Música de Vilafranca e membro da Mesa pola Defensa do Galego no Bierzo.

Alicia Fonteboa (O Cebreiro, 1951). Mestra no colexio Virxe da Quinta Angustia de Cacabelos, un dos centros onde se imparte galego. Estivo vencellada ao IEB como responsable da área de Lingua e Literatura. Coordinou os traballos do Atlas Lingüístico do Bierzo e é coautora do libro "Didáctica do folclore literario".



VieirosLetras 2002
 


O galego exterior
Como vive o galego no Bierzo
Quen é quen no Eo-Navia
Quen é quen nas Portelas
Quen é quen no Val das Ellas

Vieiros Bierzo