![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]()
![]()
![]()
![]() |
![]() |
¿E ti que sabes? Concurso sobre o galego exterior Xa temos os dez gañadores do concurso sobre o galego exterior. Esta decea foi elixida por concurso entre os máis de cincuenta que acertaron as preguntas que vos propuxemos sobre as zonas galegofalantes fóra do territorio administrativo galego. E agora recibirán na súa casa un libro ("Escolma de poetas bercianos", de Edicións Positivas) e un CD do cantautor berciano Aínda. Parabéns!!!
Estas eran as respostas correctas: 1. Antonio Fernández Morales é un poeta de Cacabelos que publicou en 1861 un libro titulado "Ensayos poéticos en dialecto berciano". Pero... ¿quen era este esquecido autor contemporáneo de Rosalía, Curros e Pondal?
2. Se o nome real de Mohamed Ali era Cassius Clay, o de Frei Martín Sarmiento era...
3. O galego só foi idioma oficial nun concello alén das fronteiras da Comunidade Autónoma de Galicia. ¿Cal?
4. Fálase galego en tres pobos no noroeste da provincia de Cáceres: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trebello, con cadanseu dialecto diferente. ¿Cal é o nome das tres "falas"?
5. Porqué se fala galego-portugués en Estremadura é unha cuestión ben discutida. Hai moitas hipóteses, pero... ¿cal é a máis aceptada nos últimos tempos?
6. Máis aló do Padornelo todo o mundo sabe o que hai. Pero... ¿que hai un chisco máis acó?
7. O máis coñecido defensor da lingua na parte galega de Zamora é Felipe Lubián, alcalde do Concello de Lubián e mestre, que ademais é...
8. ¿Cal destas parroquias non pertence ao Eo-Navia?
9. Un destes escritores homenaxeados no Día das Letras naceu no Eo-Navia... ¿cal?
10. ¿Cal destas asociacións non é eo naviega?
Vieiros Letras 2002 |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() Escolma de poesía berciana en lingua galega Interesante selección de textos poéticos de autores bercianos realizada por Henrique Costas, o principal estudioso do galego exterior e por Concepción Álvarez Pousa. Inclúe poemas de Antonio Fernández Morales, Isidoro Andrés Ovalle, Francisco de Llano e Ovalle, Xosé Bálgoma e Alberto González Alegre. Publicado por Edicións Positivas. ![]() Aínda O cantautor berciano Aínda publicou en 2001 o seu primeiro e único disco, titulado 'Pájaros en la cabeza', no que inclúe tres cancións en galego e no que colaboran músicos como Anxo Pintos ou Uxía. |