Brasil ten a súa temida 'canarinha'; Holanda 'a laranxa mecánica'; Arxentina é coñecida como 'A Albiceleste'; Italia como 'L' Squadra Azzurra'; e os galeses chámanlles aos seus 'Os dragóns'. E como son os nosos e as nosas? Xa vai sendo hora de bautizalos futbolisticamente. Para iso, dende Vieiros, a Radio e a Televisión de Galicia, decidimos contar coa opinión de todas as siareiras e siareiros. Todas as propostas que nos cheguen serán valoradas por un conxunto de xornalistas de varios medios. No final deste proceso escollerase o nome que será utilizado polos profesionais da comunicación deportiva e por todos os afeccionados.
Por participares entrarás nun sorteo no que podes gañar un destes seis premios:
2 Macbooks 4 iPod Touch
O concurso remata ás 12:00 horas do mércores 26. O sorteo dos dous Macbook e dos catro iPod celebrarase o día 26 de decembro ás 14 horas. Nese momento publicaranse os gañadores/as na portada de Vieiros e os mesmos recibirán esa mesma xornada un correo co resultado. É imprescindible que respostedes esa mesma tarde. Os premiados recibirán os agasallos no estadio de Balaídos instantes antes do partido Galiza-Camerún.