Na procura dunha unidade de acción dos axentes activos e preocupados polo desenvolvimento social da língua -persoalmente ou organizados en colectivos- acaba de botar a andar unha iniciativa comun que supón un paso adiante na suma de esforzos para a normalización da língua.O comunicado que podedes ler a continuación é o texto que resultou dunha reunión aberta o pasado 2 de Outubro na cal participaron os colectivos de normalización abaixo asinantes. Como podedes ver, un dos obxectivos propostos é facer unha chamada pública e aberta a colectivos, organizacións e persoas comprometidas coa língua co obxectivo de conseguir adesións a este proceso. Agradecemos o voso interese e gostaríamos de que nos transmitísedes a vosa adesión á iniciativa. Agradeceríamos tamén que desedes a maior difusión posíbel entre as persoas e colectivos interesados. |
|
||||||||||||
![]() O proceso de normalización da língua galega debe conformar-se como un proxecto social que reúna as vontades e accións da cidadania e das organizacións e institucións interesadas no desenvolvemento social do galego de forma que se active un proceso participativo, democrático e construtivo que responda a unha planificación política non excluínte. Consideramos absolutamente necesária a elaboracion dun Plano para a Normalización da nosa língua que teña en conta o protagonismo compartido das forzas institucionais, non institucionais e cidadás en xeral. Observamos que nun proceso de Planificacion Lingüística a colaboración de empresas e organizacións especializadas na normalización dunha língua minorizada en situación de conflito lingüístico é útil e necesária como un elemento máis de apoio estratéxico mais de forma que non se exclua o protagonismo da sociedade civil, o diálogo social e a criatividade dos colectivos normalizadores que, desde diferentes sectores, veñen demostrando o seu labor activo e comprometido co desenvolvemento social da língua. As entidades e persoas abaixo asinantes pedimos que a realización dun Plano Xeral para a Normalización da Língua teña como princípio axial a participación, sen exclusións, de todos os axentes sociais do noso país. Diante do proceso escurantista e ambíguo que se está xa a seguir para a elaboración dun PXNL, asi como do xeito absolutamente inapropriado en que se está dando a coñecer a existéncia deste proceso, os colectivos abaixo asinantes en reunión celebrada en Santiago, o 2 de outubro acordamos: - dirixir-nos a todas as entidades, organizacións sociais e persoas a título persoal para que se posicionen coa sua sinatura e se sumen á reivindicación dun proceso de elaboración democrático e participativo do Plano de Normalización da Língua. - solicitar a comparecéncia do Presidente da Xunta nunha sesión parlamentar para explicar e debater as liñas básicas do Plano Xeral de Normalización da Língua Galega, detallando os obxectivos, procedementos, mecanismos de participación, prazos de execucións, etc. - solicitar entrevistas co Presidente da Xunta e os grupos parlamentares para lles transmitir a necesidade dun Plano de Normalización aberto, consensuado e non excluínte, de tod@s e para tod@s.
|
|||||||||||||