|
|
Viveiro,
23 de xuño
O premio máis importante da literatura galega outórgase a noite de San Xoán. A editorial Xerais convoca todos os anos o premio Xerais de novela e o Merlín de literatura, para o que se presentan ducias de obras.
Para a editorial, este día é unha verdadeira festa. Unha celebración da literatura que queremos facer extensiva a todos os lectores e lectoras do país. Por iso, en colaboración con Vieiros, propuxémosvos un cuestionario sobre o premio e a literatura, no que participastes masivamente todos vós.
Na noite máxica do San Xoán coñeceremos os
gañadores ou gañadoras do XVIII Xerais e do XVI Merlín. A cita será no Casino de Viveiro, ás 21:30. Pero hoxe podedes saber xa quen foron os gañadores dunha colección dos últimos Xerais e dos últimos Merlín. Velaquí os tedes:
Raquel González Caamaño (Valga), Francisco Lestón Villar (Cee), Marta
Pérez Pereiro (Santiago), Elsa Quintas Albores (Gondomar), Rosa Salgueiro Salgueiro (Santiago),
Iria Treig Comesaña (Santiago)
|
|