Vieiros A Mesa galego.org


O galego no ensino


Manifesto


Mabel Rivera MABEL RIVERA
O ensino deberia garantir-nos o direito básico a achegar-nos ao mundo e ao coñecimento en xeral desde o noso idioma e a nosa identidade, como galegos e galegas.
Ernesto Chao ERNESTO CHAO
Non hai direito a que a escola nos roube algo tan importante para comunicar-nos como é o idioma.
Sonia Castelo SONIA CASTELO
A Xunta de Galiza ten que asumir a sua responsabilidade e pór os médios para que se cumpra a lei que regula o uso do galego no ensino: é o mínimo que se pode pedir.
Santi Romai SANTI ROMAI
Todas e todos temos que facer un esforzo por recuperar e fortalecer a nosa identidade de galegos e galegas: nais e pais, profesorado, xente nova, … cadaquén desde o seu lugar na sociedade.
X. M. Olveira "Pico" X. M. OLVEIRA "PICO"
É unha mágoa que a nosa língua sufrise tanto que, ao final, por causa de tanto prexuizo e tanta presión, a xente acabase por non falar-lles aos seus fillos e fillas en galego. O ensino deberia axudar a recompoñer esa desfeita, para facer-nos sentir orgullosos da nosa cultura e da nosa língua.
Mela Casal MELA CASAL
Un maior uso do galego no ensino sen dúbida ha de contribuir a que os nosos rapaces e rapazas dominen mellor o galego, e iso faciliatrá tamén a aprendizaxe doutras línguas, o que supón que terán unha formación de maior calidade.





Portada | Vieiros | galego.org | A Mesa