Vieiros
Como funciona isto

Camilo Franco




Textos:
- Reconstrucción da fantasía (23/05/2001)
- Chover para todos (07/06/2001)
- Rebelión das masas (06/06/2001)
- United colors (05/06/2001)
- Das paredes (04/06/2001)
- Sacar tallada (31/05/2001)
- Musas foxen (01/06/2001)
- Usos da lingua (30/05/2001)
- Praza roxa (28/05/2001)
- Camiños de ferro (29/05/2001)
- Festina lente (25/05/2001)
- Todo queda (24/05/2001)
- Para os adentros (22/05/2001)
- Retrato do artista (21/05/2001)
- Anda, mírame ós ollos (17/05/2001)
Necesariamente X


Coidado coas mans
Houbo un tempo no que a sífile éra o destino dos poetas e houbo outro no que a pornografía era contracultura. Agora sífile é unha palabra de perfil baixo e a pornografía acampa como idioma en case tódolos mecanismos da sociedade. Non debería facer falta explicar que a pornografía é unha linguaxe que converte as obviedades en primeiros planos. A sociedade agora é así: cada vez menos palabras, cada vez máis tópicas. Entre os xogos de mans para distraer o respectable pola falta de ideas, a violencia dos silencios e a limitación da polisemia das palabras, vai resultar que, finalmente, o porno é a linguaxe canónica para este século.

O asunto parece asumible cando se trata de mamadas, pero debería ser intolerable cando afecta a toda comunicación social, política ou cultural. Paralelamente a esta situación, pervive o paradoxo de que o mundo rexeite oralmente a pornografía (a de verdade, a das grandes tallas) mentres o seu consumo mantén os vídeo clubs, os canais de televisión por satélite e unha boa parte de internet. Así enfrontámonos unha vez máis ó dilema de que o xenéro máis consumido é o menos aceptado.

Xusto porque a pornografía nunca é o reverso das cousas, xusto porque xa non é contracultura (agora semella ser incultura secreta e renegada, íntima e vergoñante, só consumo), xusto porque a ironía é a lirica do porvir, haberá que partir da particular iconografía sexual para reconstruír o discurso dunha sociedade varada nos tópicos. Xusto tamén por facer algo de contracultura contra unha cultura que acepta de tan bo grado que a moral sexa unha liña de flotación que separe o consumible do admisible. Xusto por eso e por tantas cousas que esquezo voluntariamente, haberá que facer algo por quentar este longo inverno do pensamento único.

Agora que todo é necesariamente X é mellor ter as mans ocupadas a que vaian ó pan. John Lennon preguntaba unha vez, antes das oito balas, a quen lle interesaba falar de sexo. Así que haberá que seguir o patrón da vida, utilizar o sexo para desculpa do resto das cousas. O resto das cousas, inevitablemente, acaban en pornografía, acaban sendo necesariamente X.

 

Necesariamente X | Como funciona isto | Camilo Franco | Participa