40 receitas con mexillóns En Galicia prodúcense anualmente unhas 250.000 toneladas de mexillón, xera uns 11.500 postos de traballo directos e 7.000 indirectos e un volume de facturación que oscila entre os 90 e os 110 millóns de euros. A marea negra afectou algúns cultivos de mexillóns da costa noroccidental, pero a maior parte do mexillón galego vén das Rías Baixas, e preséntase ao mercado tan san e saboroso coma sempre, con calidade controlada. Sen embargo, e aínda que o prezo nas peixerías permanece no nivel habitual do Nadal, a demanda caeu espectacularmente. Dinos o bateeiro Daniel Oubiña, da Arousa, que a venda de mexillón ao fresco se derrubou ata un 30% do ano anterior. A demanda do molusco para conserva mantense. A Xunta iniciou un mes e medio despois do afundimento do Prestige unha campaña publicitaria para impulsar o consumo do peixe e do marisco galego. Ademais, dende Vieiros queremos achegarvos unha boa colección de propostas, apañadas ao longo e largo da web, para que poñades o mexillón ás vosas mesas nestas datas. |
|||
Vieiros | Especial Nadal 2002 | |||