Vieiros

Pai Nadal non marches NUNCA MAIS

O Nadal noutros países

Santa Claus, Papai Noel, o Olentzero, os Reis Magos... son todas figuras válidas para unha mesma idea: agasallar os nenos e espallar un pouco de maxia na infancia. Achegámosvos unha serie de ligazóns infantís de diferentes países, pois ao final, son máis as cousas que nos unen que as que nos separan.

Xa veñen os Reis
Trae xogos (para que constrúas o teu Belén), debuxos para pintar, contos de Nadal e outros contidos sobre os Reis Magos de Oriente, dirixidos aos nenos.

A caixa de Correos dos Reis Magos
Os Reis Magos tamén teñen unha conta de correo electrónico. Podes mandarlle a túa carta á caixa virtual de Correos.

O Olentzero
Nesta web poderás ver chegar co saco cargado ao Olentzero, o home da boina que lles leva agasallos aos nenos do País Vasco. Inclúe postais, xogos e debuxos para pintar.

A Casa de Santa Claus
Disque a verdadeira casa de Santa Claus está en Filandia. Nós atopámola, e semella que é certo!

O Papai Noel
Web dirixida aos rapaciños do Brasil. Nela poden escribir cartas, mandar postais ou facer que o Papai Noel atravese a pantalla na súa zorra tirado por renos.

Merry Crhistmas
Sitio con xogos, postais e cancións de Nadal. Inclúe o email de Santa.

O obradoiro do Pai Noël
Entra na mesmísima cociña do Pai Nadal, fai que suba polo ascensor ou xoga cos seus xoguetes. Tamén podes enviar postais a quen queiras dende aquí.

Postais
Arbore dos desexos
Receitas


Vieiros | Especial Nadal 2002