 |
« Quen é quen no BNG?
A COLUMNA VERTEBRAL: A UPG. Sector aperturista
Francisco García
Alcalde de Allariz e responsable de Organización da Permanente, ten nestes momentos as chaves do paraíso bloqueiro. Por el pasa o consenso, pero tamén pode inclinar a balanza cara a un maior peso da Unión do Povo Galego ou cara a un destronamento do sector ortodoxo de Rodríguez. Coordinador do discutido e debatido relatorio de Organización da Asemblea, é unha peza clave na Executiva.
..........
Alfredo Suárez Canal
Responsable de Política Parlamentaria Galega, este deputado allaricense substituíu a Pilar García Negro como voceiro do grupo, sinalando o cambio na relación de forzas dentro da propia UPG. Aprezado polo seu labor en Ourense, o seu escaso carisma de cara á sociedade abortou calquera posibilidade de que fose a alternativa "roxa" a Beiras. Sen embargo, a nivel interno é un home moi respectado por todas as correntes pola súa capacidade de integración e de diálogo.
..........
Francisco Jorquera
Peza fundamental, xunto con García e López Rico, na organización do BNG a pesar de non entrar na Executiva. É un home cunha gran visión estratéxica, con capacidade de relación e que pode facer de ponte entre o sector máis ortodoxo e o máis aperturista da UPG.
..........
|
|
 |
 |
 |

 |
| FORO |
 |
| Os debates, as ideas, as estratexias... Aquí hai un espacio para opinar sobre a X Asemblea do BNG e sobre o futuro do nacionalismo. |
|
|
|