 |
« Quen é quen no BNG?
UNIDADE GALEGA
Camilo Nogueira
É a imaxe exterior de UG, pero vai por libre: non ten moita conexión orgánica co partido. Entrou máis tarde no BNG que UG. Conseguiu case el soíño o éxito de ser eurodeputado, pero non por iso deixou de querer manobrar na política galega. Impredicible nas súas opcións, os abismos persoais do pasado que o afastaban doutros líderes foron minguando cos anos. Aínda que algúns devotos -e as enquisas- o sinalaban como alternativa a Beiras, a súa idade (tamén 66) descarta esa opción. Estará na Executiva.
..........
Domingos Merino
Visto o panorama municipal actual, parece incrible que A Coruña tivera alcalde nacionalista noutro tempo. Ese foi Domingos Merino, que dende a moción de censura de Vázquez leva unha vida na segunda fila da política, empardecido pola proxección pública de Camilo Nogueira, aínda que foi el quen liderou a entrada no BNG. Na actualidade é secretario xeral de Unidade Galega e deputado, quedará fóra da Executiva.
..........
Xaquín Fernández Leiceaga
Concelleiro de Facenda en Santiago, os entendidos din que está a realizar un labor tan destacado como escuro. Dende un sector da UPG, sen embargo, englóbase o seu labor no suspenso que lle conceden ao executivo compostelán. Unha das sorpresas da nova Executiva.
..........
Ana Gandón
Concelleira en Vigo, é unha referencia do traballo feminista do BNG. Falouse de que podería estar na Executiva pola cota feminina pero era bastante difícil porque se di que ela non quere asumir responsabilidades de máis rango.
..........
|
|
 |
 |
 |

 |
| FORO |
 |
| Os debates, as ideas, as estratexias... Aquí hai un espacio para opinar sobre a X Asemblea do BNG e sobre o futuro do nacionalismo. |
|
|
|