 |
« Quen é quen no BNG?
COLECTIVO SOCIALISTA
Mario López Rico
O responsable de Prensa, Imaxe e Comunicación na Permanente é un traballador da organización, próximo a Beiras. As campañas desenvolvidas polo BNG foron o seu argumento de continuidade, pero eses argumentos volvéronse perigosamente na súa contra en outubro e nas últimas sondaxes. Ten na súa contra moitos sectores do Bloque, dunha e doutra parte do abano ideolóxico. É unha peza moi importante como apoio e asesoría persoal de Xosé Manuel Beiras. É tamén un dos tres eixos básicos da organización, xunto con Francisco García e Jorquera.
..........
Francisco Trigo Durán
Deputado e responsable de Finanzas na Permanente. Na súa comarca, a do Salnés, non goza de demasiado respaldo entre a militancia, aínda que tampouco é unha zona de gran peso no conxunto do Bloque: Vilagarcía, a oitava cidade, segue sendo asignatura pendente.
..........
|
|
 |
 |
 |

 |
| FORO |
 |
| Os debates, as ideas, as estratexias... Aquí hai un espacio para opinar sobre a X Asemblea do BNG e sobre o futuro do nacionalismo. |
|
|
|