Especial
« Quen é quen no BNG?

AS MULLERES


Ana Pontón

Militante da UPG e de Galiza Nova que podería beneficiarse desta cota para entrar na Executiva. Adscríbese no sector máis ortodoxo e conservador das mocidades do Bloque. É outra das sorpresas da nova Executiva.

..........

Rosa Darriba

Esta militante da UPG foi a principal damnificada da caída do BNG en outubro, pois perdeu o seu escano como deputada. Perdeu crédito na organización polos malos resultados na Guarda. Non vai estar na Executiva.

..........

Tareixa Novo

A cara contraria a Rosa Darriba. A retirada de Henrique Tello ao Concello da Coruña deixou a cantante Tereixa Novo sentada no Parlamento (o único rostro novo dos nacionalistas). Malia ser independente, os seus apoios dende a cúpula (sobre todo UPG) levárona tamén á Executiva para ocupar os postos da cota feminina.

..........

Olalla Fernández Davila

Deputada e militante da UPG, ten traballado nas áreas de servicios sociais e a sanidade. Procede do mundo sindical e é moi respectada por esta actividade na área de Vigo. Entrou na Executiva como a primeira persoa de Vigo que entra no máximo órgano de decisión do BNG en toda a historia.

..........

Dominga Brión

Independente e responsable comarcal do Barbanza. A súa figura non esperta demasiadas paixóns. Foi desprazada por Tareixa Novo.

..........

Cecilia Pérez Orje

Esta descoñecida concelleira de Redondela, onde o BNG goberna en coalición do PSdeG, vicerresponsable comarcal de Vigo e pertencente á UPG, manexouse nalgunhas fontes como posible posto na Executiva. Parecía pouco probable pero conseguiuno.

..........

Carme Adán

Independente con apoios en todas as bandas, conta cun gran recoñecemento intelectual. Máis coñecida como pensadora e coordinadora da Semana Galega de Filosofía que como cargo político (encargada da área da Muller de Vigo).

..........


 FORO
Os debates, as ideas, as estratexias... Aquí hai un espacio para opinar sobre a X Asemblea do BNG e sobre o futuro do nacionalismo.

Vieiros | O nacionalismo 20 anos despois